648 925 134

Qué hai cerca de Alvarella

O Parque Natural

O Parque Natural das Fragas do Eume foi creado no ano 1.997, ten unha superficie de 9.125 Ha ., e abrangue os concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, As Pontes e Pontedeume.

As fragas do río Eume son un dos últimos reductos representativos do que foi o bosque autóctono que cubría Galicia. Destacan pola súa biodiversidade, atopándose nelas ata 23 especies distintas de árbores, 21 de fentos (algunhas relictas e endemismos europeos), 250 de liques e brións, 100 de fungos e 126 de animais vertebrados (en moitos casos especies protexidas pola súa rareza ou escasez).

Chámase fraga ó tipo de bosque con gran influencia do clima atlántico costeiro, no que destaca a espesura da súa vexetación, o que mantén unha humidade e temperatura características no seu interior. A súa vexetación está dominada na beira do río polo bosque de galería, polos fentos e por especies de plantas adaptadas á falta de luz. As especies de árbores tamén crecen en función da necesidade de auga, sendo o salgueiro (Salix sp .) e o ameneiro (Alnus glutinosa) as que atopamos na beira do río.

Mais afastadas veremos outras árbores que forman a fraga, son: o carballo, castiñeiro, freixo, loureiro, abelaira, sanguiño, etc. Entre as numerosas especies de fentos destacan o fento real (Osmunda regalis) e a Woodwardia radicans (catalogada como especie ameazada e protexida pola lei). En canto ós animais que viven no rio e no interior da fraga, destacaremos o reo (peixe parecido ó salmón que se atopa en perigo de extinción), anfibios como a rara salamántiga galega (endémica de Galicia), multitude de aves (incluso o escasísimo bufo real) e algúns mamíferos como a lontra que vive nas suas augas.


- O Parque Natural Fragas do Eume
- Castelo de Andrade
- Pontedeume. Vila monumental
- Betanzos. A cidade dos cabaleiros
- De Ferrol á Serra da Capelada e San Andrés de Teixido
- A Coruña. Balcón do Atlántico
- Museo etnográfico da Capela. A vida na sociedade rural
- Río Anduriña. Os muiños de auga
- Igrexas e Mosteiros
- O Camiño Inglés a compostela
- Praias
- Sendeiros para camiñar ou andar en bici
- Ocio activo e de aventura

Breanca Doroña s/n 15615 Vilarmaior - A CORUÑA. 648 925 134 - Tlf./fax 981 78 45 63. info@alvarella.com
Certificación establecementos sostibles Etiqueta ecolóxica da Unión Europea
castellano
Web realizada por FLOPS Estudio.
Política de privacidade