648 925 134

Qué hai cerca de Alvarella

A Coruña

Situada no Noroeste da Península Ibérica, é unha cidade milenaria, atlántica e cosmopolita, na que o océano foi protagonista dos seus máis de 2.000 anos de historia.

A Coruña é unha cidade de mil posibilidades. Da máis tranquila paisaxe mariña a rúas cosmopolitas e vitais iluminadas polo sol ou o neon. Dende voces proclamando as existencias nos postos de peixe e marisco ata os paseos pola Cidade Vella, polo Paseo Marítimo, polas súas praias de areas finas e brancas. Con lugares para o esparexemento e espazos naturais onde gozar de vistas e paisaxes espectaculares. Dende arte e museos, pasando por restaurantes, tascas, pubs e bares ata as discotecas, o casino e os recitais de música clásica.

MUSEOS CIENTÍFICOS

Coñecidos como as Tres Casas, neles descubrirás o mundo submarino, os segredos do ser humano e os enigmas do firmamento.

O universo ao alcance da túa man para que o goces cos cinco sentidos:
- Aquarium Finisterrae - Casa dos Peixes
- Casa das Ciencias - Planetario
- Domus, Casa do Home - Cine Imax

CASTELO DE SAN ANTÓN

Antiga fortaleza e prisión e actual museo arqueolóxico e histórico.

TORRE DE HÉRCULES. Patrimonio da Humanidade

Símbolo da Coruña e único faro romano do mundo en funcionamento.
Case 2.000 anos de historias do símbolo da cidade baixo o cal, di a lenda, está enterrado o xigante Xerión.

Unha visita á nosa cidade non estaría completa sen gozar das magníficas vistas que ofrece este faro declarado Patrimonio da Hunanidade no ano  2009.


- O Parque Natural Fragas do Eume
- Castelo de Andrade
- Pontedeume. Vila monumental
- Betanzos. A cidade dos cabaleiros
- De Ferrol á Serra da Capelada e San Andrés de Teixido
- A Coruña. Balcón do Atlántico
- Museo etnográfico da Capela. A vida na sociedade rural
- Río Anduriña. Os muiños de auga
- Igrexas e Mosteiros
- O Camiño Inglés a compostela
- Praias
- Sendeiros para camiñar ou andar en bici
- Ocio activo e de aventura

Breanca Doroña s/n 15615 Vilarmaior - A CORUÑA. 648 925 134 - Tlf./fax 981 78 45 63. info@alvarella.com
Certificación establecementos sostibles Etiqueta ecolóxica da Unión Europea
castellano
Web realizada por FLOPS Estudio.
Política de privacidade