648 925 134

Qué hai cerca de Alvarella

Castelo de Andrade

O Castelo de Andrade está situado sobre a Pena Leboreira, usábase como baluarte defensivo.

Foi construido por Fernán Pérez de Andrade “O Bo”. A Torre da Homenaxe é de planta cadrada, con vinte metros de alto e dez de ancho. O grosor dos muros é de dous metros e medio. Debeu de ter tres andares, cubertos cunha bóveda de canteiría sobre a que estaba a parte almeada. O resto do edificio adáptase á configuración do terreo e pecha un patio de armas de 140 m².

Na única entrada aínda se percibe, borroso, o escudo dos Andrade. Estaba franqueada por dous torreóns prismáticos. Un pequeno foxo nos flancos sur e leste remataba a obra.

Conta a lenda que o castelo conecta por medio dun túnel subterráneo coa residencia dos Andrade en Pontedeume.

 


- O Parque Natural Fragas do Eume
- Castelo de Andrade
- Pontedeume. Vila monumental
- Betanzos. A cidade dos cabaleiros
- De Ferrol á Serra da Capelada e San Andrés de Teixido
- A Coruña. Balcón do Atlántico
- Museo etnográfico da Capela. A vida na sociedade rural
- Río Anduriña. Os muiños de auga
- Igrexas e Mosteiros
- O Camiño Inglés a compostela
- Praias
- Sendeiros para camiñar ou andar en bici
- Ocio activo e de aventura

Breanca Doroña s/n 15615 Vilarmaior - A CORUÑA. 648 925 134 - Tlf./fax 981 78 45 63. info@alvarella.com
Certificación establecementos sostibles Etiqueta ecolóxica da Unión Europea
castellano
Web realizada por FLOPS Estudio.
Política de privacidade